28/11/14

Os nenos de Infantil aprendemos a facer viño

O pasado mes de outubro, aproveitando as froitas que nos ofrece o outono, e grazas á colaboración da familia de Sofía, que nos trouxo uvas, decidimos levar a cabo un obradoiro no que elaboramos viño. Aquí tedes unhas fotos do proceso.




Primeiro pisamos as uvas (que previamente lavamos) en dúas tinas, nunha as brancas e noutra as negras

Así quedaron as brancas unha vez pisadas cos pés

E así quedaron as negras

Observamos o zume que deixaron

Entón colamos un pouco de zume (mosto)



E probámolo...qué rico!!!

Un pouco do que nos sobrou deixámolo macedar en botellas, e o resto nas tinas, para que se convertise en vinagre. Ao longo dos seguintes días fomos vendo cómo ía cambiando, e tamén o olor que ía soltando!

Despois de pasar varios días no laboratorio do colexio, colamos o viño.




Éste é o resultado!!!

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

queres deixar a túa opinión?